sábado, 28 de mayo de 2016

A historia de Jarri Pota

Esta historia solo podía ser escrita en el idioma gallego. El contexto del relato así lo pide. De antemano, mis disculpas a los lectores hispano-parlantes


 A historia de Jarri Pota

Esta é a historia dun neno galego, que tivo unha nenez difícil.
Enrique, ao que todos coñecen como Jarri Pota, pasou por varias familias de acollida. Desde que seu pai morreu, a súa nai non puido facerse cargo do neno. Enrique pasou os seus primeiros anos con dúas familias, ningunha delas, se decidiu a "quedarse co neno" como se dun vulgar canciño se tratara.
Sendo case un adolescente, tivo a súa derradeira familia. O neno xa podía traballar, era man de obra barata...
A súa vida non foi doada, non lle deron moito cariño, diriamos que ningún, nin tampouco moita comida, a xusta para ir sobrevivindo. Por iso Enrique era un neno delgaducho. Nembargantes, o que non lle puideran quitar, era a altura, ese fora o único ben que seu pai lle deixara en herdanza.
Os fillos da familia coa que vivía, Xoán e Luís, eran pequenos e regordetes, por iso envexaban a altura de Enrique. Eles foran os que lle puxeron o alcume de Jarri, chamábanlle jarrito, dicían que se parecía o floreiro alongado que a súa nai tiña no comedor. Despois, todos os nenos da escola, lle seguiron chamando Jarri. O sobrenome de Pota, xa veremos o longo da historia, por que llo engadiron.


O único momento en que se sentía feliz, era cando, despois de facer as tarefas da casa (a familia tiña gando e campo) adentrabase no bosque próximo. Alí, sentábase o carón da árbore máis grande, e quedaba en silencio, case se durmía...
Un día, estando así medio adurmiñado, sentiu unha voz baixiña e suave...
- ¿Escóitasme neno?
Abriu os ollos. Diante del estaba un esquío. Sorprendido por poder oír o que dicía contestou:
-¡Sí! escóitote pero ¿cómo é posible?
- É posible, porque este bosque estaba esperando por unha persoa boa, con unha alma limpa. Dende hai moitos anos...
 - ¿Estou soñando?- respondeu.
-Non, este bosque é un templo celta. Agora tes os poderes máxicos que estaban esperando por tí. Podes comunicarte connosco e coa natureza. Todas as plantas que aquí nacen son máxicas. Solo tes que utilizalas para facer o ben.
-¿E cómo podo?
-Xa cho iremos contando- dixo o esquío - de momento vas nos axudar a curar a o noso amigo o corzo, que ten unha patiña ferida.
-¿Qué teño que facer?- Preguntou Jarri.
-Tes que coller unha pota grande,e cocer as plantas que eu che diga. Pero recorda, que todo ten que ser co maior dos segredos.
Nese intre, Jarri sentiu como a grande árbore lle falaba.
-Solo ti, pequeno amigo, terás o privilexio dos poderes que tiñan os Magos Druídas. Poder escoitarnos e falar con nos.


                           Continuará 


No hay comentarios:

Publicar un comentario