miércoles, 29 de junio de 2016

Jarri e a maxia dos Druídas

Jarri chegou o bosque. Nunha man levaba o atado de herbas, e na outra unha bolsa con as suas pertenzas, os seus ollos cheos de bagoas.
Cando chegou xunto a grande árbore, esta perguntoulle:
-¿Qué che pasou Jarri?
Jarri contestou:
-Botaronme dá casa, agora non teño a onde ir.
-¡Cómo! 'Claro qué tes, este bosque é a tua casa e nos somos a tua familia!- dixo esquío ao tempo que daba un salto, e se puña a sua beira.
-Xa, pero eu non podo vivir no bosque, non estou preparado coma vos. Dixo Jarri con mágoa.
-Xa atoparemos unha solución. dixo a árbore.
-Sí- continuou esquío. E despois daremosche unha noticía- subiu a árbore e tocandoa coa sua pata dixo- ¿verdade?
-Todo o seu tempo- contestou árbore.
-Agora bou ata a cabana de Carlos, teño que facerlle a cura- dixo Jarri.
-Acompañote-  Saltou esquío.
Chegaron a cabana de madeira, alí seguía o garda forestal.
- ¡Hola!- saludou Jarri- estou aquí co emplasto de herbas.
-Grazas, tardaches algo. ¿Por qué choras?
Jarri relatoulle o mesmo que contara no bosque.
- Non chores, viviras nesta cabana o tempo que queiras, todos che axudaremos.
Jarri colocou o emplasto de herbas no nocello de Carlos, con moito coidado. Estaba moi agradecido e esperaba poder aliviarlle a dor.
Esquío fixolle un sinal coa cabeza, e jarri dixo:
-Bueno, deixote descansar. 
-Dacordo, logo ven, que comemos algo- contestou- hai latas na despensa, e cociñas pasta se queres.
-Vale-contestou o rapaz o tempo que saia pola porta.
-¡Vamos!- dixo esquío- temos algo que decirche.
Chegaron onda a grande árbore.
-¡Xa estamos aquí!Contálle.
Jarri estaba moi intrigado.
-Bueno, querido neno... estabamos esperando que o teu corazón fora limpo e puro. Agora que xa o demostraches, chegou a hora de decirche algo.... Quedou en silencio, o tempo, que o bosque parecía acompañar con unha calma total.
-Saberás- continuou árbore- que emplastos de herbas sábeos facer calquera. O pòder máxico da persoa que os fai é o verdadeiramente importante. Dende este momento, Jarri, terás os poderes do antigos Magos Druídas, Señores destes bosques.
¡Terás o poder de controlar a natureza, de poder ver máis aló, de sanar coas herbas, seras de axuda a moita xente! Tamen terás que viaxar a outras terras, onde hai bosques amigos, que tamen ten árbores e animais cos que poderas falar e adquirir coñecementos. Nun deses bosques atopase un segredo, que no seu momento atoparás. Agora, querido neno, achegate a min e rodeame cos teus brazos, en ese intre, absorberas todos estes poderes.
Jarri estaba cos ollos abertos coma pratos. Non podía crer o que estaba oindo.
-¡A qué estás esperando!- Gritou esquío. ¡Vamos!
Jarri abrazou a grande árbore con todas as suas forzas. Pechou os ollos, e sentiu como todo o seu corpo e a sua mente adquiría a maxia do bosque.
Comenzaba a sua aventura.


Continuará


miércoles, 8 de junio de 2016

A historia de Jarri Pota - Jarri e o guarda forestal

  
Jarri miraba con atención como a auga formaba burbullas o levantar o fervor. Nese intre, botou dentro as herbas que lle indicara o esquío do bosque:
-Colle tormentelo, romeu e salvia- habíalle dito, mentres lle indicaba onde podía encontralas.
-Cando chegues á casa pon unha pota con auga a ferver e bótalle dentro as herbas. Unha vez frías, fai un emplasto e traelo correndo o bosque. 
-Dacordo- contestou Jarri.
-Ven- dixo esquío -vamos ver o doente.
Adentráronse no bosque, e na espesura estaba deitado un corzo con unha pata torcida.
-Este é o rapaz que nos vai axudar a curarte.
-¡Qué ben! contestou contento corzo -Por fin apareceu a persoa que tanto tempo levamos esperando.
-Si é verdade, fai moitos anos que este bosque está desprotexido- contestou esquío.
-Non vos preocupedes, farei todo o que poida por vos axudar- dixo con firmeza Jarri.
-Agora marcho, xa case é noite, mañá regreso.
Jarri chegou á casa e meteu as herbas debaixo da cama. Esperou a que todos durmiran, e a modiño e sen facer ruído, levantouse, e descalzo (nin sequera tiña zapatillas) os zapatos podían facer moito barullo, foi ata a cociña e mirou na alacena. Ala no fondo estaba unha pota de considerable tamaño que apenas se usaba, xa estaba vella. Jarri tentou collela, pero cando xa case a tiña, outra pota rodou e fixo ruído... aguantou a respiración... ninguén oíu... ufffff.
Voltou para a cama, e tratou de durmir. Ben cedo espertou, era a súa hora habitual, el era o que se facía cargo de arrumar o galpón onde estaban as vacas. Todos durmían aínda, foi á cociña e colleu a pota que vira a noite. Xa con ela, meteu as herbas dentro e dirixiuse o galpón onde estaban as palas e demais ferramentas que se usaban, mellor dito que usaba él. Non había perigo, ninguén entraba alí a esa hora, era o traballo máis duro. Atopou un sitio onde prender o lume, era unha trepe que algún día se utilizara para quentar auga ás vacas. alí colocou a pota e púxoa a ferver, logo botou as herbas, e deixouna mentres facía as tarefas do día.
Como de costume, tomou o tazón de leite e o anaco de pan que lle deixaban de paso que muxián as vacas.
De volta o galpón, colleu as herbas xa frías, meteunas nun trapo e dirixiuse o bosque que quedaba de camiño a escola.
Xa no bosque, foi xunto a árbore e dixolle:
-Trouxen o emplasto de herbas. ¿onde está o esquío?
-Agora chega, en canto lle mande o sinal- contestou a árbore mentras emitía un sonido coas follas, imperceptible para un oído normal, pero que agora Jarri oía perfectamente. Deseguido, mirou para outra árbore e viu como esquío baixaba.
-¡Hola! ven que vamos xunto a corzo.
E os dous cruzaron o bosque e chegaron onde corzo estaba deitado.
-¡Xa está aquí a cura! hai que poñela encima da pata- indicou a Jarri.
e o rapaz colocou con todo coidado o envolto de herbas encima dá pata ferida de corzo.
-Mañá volvo pasar por aquí, a ver como vas.
- Dacordo.
Jarri colleu o camiño da escola. Era moito máis feliz cando estaba na escola. Alí era moi aplicado e gustáballe estudar. O mestre Don Luis, prestaballle libros e Jarri aprendía moitas cousas con eles. Pero esa especial atención que lle dedicaba Don Luis era un motivo máis de envexa por parte de Pepe e Xoán, que facían pandilla con outros nenos e ríanse del.
No día seguinte, Jarri volveu a pasar por o bosque antes de ir a escola. Diante da grande árbore xa estaban esquío e corzo, que estaba de pe e díxolle:
-Moitas grazas por axudarme.
Esquío preguntou ¿Cómo te chamas?
-O meu nome é Enrique pero todos me chaman Jarri.
A árbore contestou.
-Pois Jarri te chamaremos.
Nese intre oíron unha voz, como un queixido. Jarri e esquío correron hasta o claro do bosque, corzo quedou, pois aínda non andaba ben.
Cando chegaron viron un home caído, vestía un uniforme, e Jarri recoñeceu a Carlos o garda forestal, xa o vira algunha vez polo bosque.
-¿Qué che pasou?- preguntou.
-Tropecei con unha raíz e trochei un pe. ¿E ti que fas aquí Jarri?
Jarri non soubo moi ben que dicir. E sentiu como esquío lle decía:
-Dille que estás recollendo herbas por que fas ungüentos con elas. E dille tamén que o podes axudar.
Así llo transmitiu Jarri.
-¡Vaia! entón es menciñeiro.
-Algo así- contestou Jarri.
-Xa vexo que es amigo dos animais, tes un esquío a túa beira.
-Si, encantanme os animais.
-Iso gústame, pareces un bo neno- seguiu dicindo o garda forestal.- E agora axúdame a chegar a unha cabana que está aquí cerca. E o meu refuxio cando estou no bosque.
Jarri axudou a levantar a Carlos, e xuntos chegaron a unha preciosa casiña de madeira que estaba no medio do bosque. Alí o garda deitouse nunha cama e díxolle:
Bueno, entón agora se podes, vai facer ese emplasto, que eu agardo aquí.
Dito e feito, Jarri marchou, e esquío indicoulle as herbas que tiña que coller. Agora Jarri xa lle contestou, pois o segredo estaba gardado.
-¿Fago o mesmo que fixen con as de corzo?
-Si, o mesmo- dixo esquío.
Cando Jarri chegou o galpón, colleu a pota que tiña escondida, e comezou a preparar as herbas.
Xa tiña rematado, cando de súpeto, abriuse a porta. e apareceron Pepe e Xoán.
-¡Xa te pillamos! Es un bruxo. Jarri Pota, Jarri Pota! ¿ Qué fas coa pota?
E mentres Pepe quedaba gritando- ¡ Bruxo, Bruxo! -Xoán foi en busca da nai a contarllo todo.
Chegaron Xoán e súa nai, e esta dixo:
-¡Non quero bruxos na casa!¡Colle as túas cousas e vaite. E non esquezas a pota! Gritou tirándolle a pota fora.
Jarri foi chorando o seu cuarto, e recolleu as poucas cousas que posuía, meteunas nunha bolsa. Saliu apretando con forza o emplasto de herbas. Algo lle dicía, que eses coñecementos ían a ser moi valiosos na súa vida...
  
                                     Continuará