miércoles, 29 de junio de 2016

Jarri e a maxia dos Druídas

Jarri chegou o bosque. Nunha man levaba o atado de herbas, e na outra unha bolsa con as suas pertenzas, os seus ollos cheos de bagoas.
Cando chegou xunto a grande árbore, esta perguntoulle:
-¿Qué che pasou Jarri?
Jarri contestou:
-Botaronme dá casa, agora non teño a onde ir.
-¡Cómo! 'Claro qué tes, este bosque é a tua casa e nos somos a tua familia!- dixo esquío ao tempo que daba un salto, e se puña a sua beira.
-Xa, pero eu non podo vivir no bosque, non estou preparado coma vos. Dixo Jarri con mágoa.
-Xa atoparemos unha solución. dixo a árbore.
-Sí- continuou esquío. E despois daremosche unha noticía- subiu a árbore e tocandoa coa sua pata dixo- ¿verdade?
-Todo o seu tempo- contestou árbore.
-Agora bou ata a cabana de Carlos, teño que facerlle a cura- dixo Jarri.
-Acompañote-  Saltou esquío.
Chegaron a cabana de madeira, alí seguía o garda forestal.
- ¡Hola!- saludou Jarri- estou aquí co emplasto de herbas.
-Grazas, tardaches algo. ¿Por qué choras?
Jarri relatoulle o mesmo que contara no bosque.
- Non chores, viviras nesta cabana o tempo que queiras, todos che axudaremos.
Jarri colocou o emplasto de herbas no nocello de Carlos, con moito coidado. Estaba moi agradecido e esperaba poder aliviarlle a dor.
Esquío fixolle un sinal coa cabeza, e jarri dixo:
-Bueno, deixote descansar. 
-Dacordo, logo ven, que comemos algo- contestou- hai latas na despensa, e cociñas pasta se queres.
-Vale-contestou o rapaz o tempo que saia pola porta.
-¡Vamos!- dixo esquío- temos algo que decirche.
Chegaron onda a grande árbore.
-¡Xa estamos aquí!Contálle.
Jarri estaba moi intrigado.
-Bueno, querido neno... estabamos esperando que o teu corazón fora limpo e puro. Agora que xa o demostraches, chegou a hora de decirche algo.... Quedou en silencio, o tempo, que o bosque parecía acompañar con unha calma total.
-Saberás- continuou árbore- que emplastos de herbas sábeos facer calquera. O pòder máxico da persoa que os fai é o verdadeiramente importante. Dende este momento, Jarri, terás os poderes do antigos Magos Druídas, Señores destes bosques.
¡Terás o poder de controlar a natureza, de poder ver máis aló, de sanar coas herbas, seras de axuda a moita xente! Tamen terás que viaxar a outras terras, onde hai bosques amigos, que tamen ten árbores e animais cos que poderas falar e adquirir coñecementos. Nun deses bosques atopase un segredo, que no seu momento atoparás. Agora, querido neno, achegate a min e rodeame cos teus brazos, en ese intre, absorberas todos estes poderes.
Jarri estaba cos ollos abertos coma pratos. Non podía crer o que estaba oindo.
-¡A qué estás esperando!- Gritou esquío. ¡Vamos!
Jarri abrazou a grande árbore con todas as suas forzas. Pechou os ollos, e sentiu como todo o seu corpo e a sua mente adquiría a maxia do bosque.
Comenzaba a sua aventura.


Continuará


No hay comentarios:

Publicar un comentario